miércoles, 22 de abril de 2009

O niño do corvo

No entorno da casa hai un pino que ocupa un espacio considerable e, por estar illado, a súa altura e volume é moi superior a outros.
Esas características resúltanlle atractivas aos corvos, sempre amantes de protexerse nas alturas, emitindo desde alí os seus gorxeos que soan ameazantes.
Cerca de mediados do pasado mes de marzo escoitei un rechouchío procedente do pino. Achegueime e observei a presenza dunha suposta parella de corvos. A animación era tal que non fixeron caso da miña presenza. Estaban cerca da punta duhna póla longa e das máis altas en torno a un vurullo de garabullos, e cos seus picos íanos recolocando. Estaban facendo o niño. En días sucesivos notábase que aumentaba de volume. Entrado xa o mes de abril encontrábame eu cerca do pé do pino cando xurdiu un intenso alboroto de berros de corvo procedentes do ñiño. Mirei. Vin que se aproximaba coma un avión caza un terceiro corvo que se coluo ruidosamente por entre as pólas en actitude de socorro. A súa chegada provocou a fuxida do corvo intruso que aceleraba o vo perseguido de cerca polo ofendido. Seguinos coa vista ata que se perderon na distancia.